<img src="https://d5nxst8fruw4z.cloudfront.net/atrk.gif?account=0nABo1IWhe10Y8" style="display:none" height="1" width="1" alt="" />

Rusia


Ελληνικά English 中文 Tiếng Việt Català Italiano Euskara العربية Čeština Eesti Galego Español Русский Nederlands Português Norsk (Bokmål) Türkçe Lietuvių ไทย Română Polski Français Bahasa Melayu Hrvatski Deutsch Dansk فارسی हिन्दी Suomi Magyar 日本語 עברית తెలుగు Nynorsk Српски / Srpski 한국어 Svenska Slovenčina Українська Slovenščina

Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Casaquistán, o mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Lituania - Lietuva Letonia Polonia Bielorrusia Estonia República Checa Eslovaquia Dinamarca Hungría - Magyarország Suecia Romanía Moldavia - Moldova Eslovenia Austria Alemaña Ucraína Países Baixos Luxemburgo Serbia Liechtenstein Finlandia Bélxica Croacia Suíza Bosnia e Hercegovina Montenegro San Marino Kosovo Bulgaria - България República de Macedonia - Република Македонија