Estados Unidos de América

Ελληνικά English 中文 Tiếng Việt Català Italiano Euskara العربية Čeština Eesti Galego Español Русский Nederlands Português Norsk (Bokmål) Türkçe Lietuvių ไทย Română Polski Français Bahasa Melayu Hrvatski Deutsch Dansk فارسی हिन्दी Suomi Magyar 日本語 עברית తెలుగు Nynorsk Српски / Srpski 한국어 Svenska Slovenčina Українська Slovenščina

Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) son un estado federal composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km² e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países. A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Canadá Aelōn̄ in M̧ajeļ Corea do Norte - 조선 Corea do Sur Xapón Mongolia Groenlandia Kiribati Naoero Federated States of Micronesia


Impressum