Åland (en sueco: Åland, en finés: Ahvenanmaa) é un territorio autónomo de Finlandia, constitúe unha das 19 rexións con que conta a organización político-administrativa rexional da República de Finlandia desde a reforma de 2010. A capital administrativa é a cidade de Mariehamn (en finés Maarianhamina). A rexión consta de 16 municipios, entre os cales Marehamn é o único que ten o rango de cidade. A poboación das illas é duns 26.500 habitantes (2004), 10.700 dos cales viven na capital. As Illas Åland constitúen un territorio autónomo e desmilitarizado.