Suomi فارسی Tiếng Việt Українська 日本語 Português Español English Русский 한국어 Eesti Français 中文 Polski Svenska Nederlands Čeština Deutsch Euskara Italiano Català Türkçe
Minami Torishima (南鳥島) ou Illa Marcus é unha illa illada localizada ao noroeste do Océano Pacífico. O significado en xaponés é "Illa dos paxaros do sur". Posúe unha área de 1,2 km². É o territorio máis oriental do Xapón a 1.848 km ao sueste de Toquio, e a 1.267 km ao leste da illa xaponesa máis próxima, Minami Iōjima nas Illas Ogasawara, e forma unha liña entre Toquio e a Illa Wake, que está a 1.415 km ao leste-sueste. A illa máis próxima é Farallón de Paxaros nas Illas Marianas, que está a 1.021 km ao oeste-suroeste.