San Xoán de Bardullas é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 109 habitantes (63 mulleres e 46 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 147 habitantes, e 1999 cando tiña 150 habitantes.