Українська 日本語 Nynorsk Español English Русский Français Polski Svenska Nederlands Português Euskara Deutsch Italiano Norsk (Bokmål) Català
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra". Existe a crenza popular de que é o punto máis occidental da península Ibérica. Porén, o cabo da Roca de Portugal está 16,5 quilómetros máis ó oeste e tamén é o punto máis occidental da Europa continental. Mesmo o cabo Touriñán está situado máis ó oeste, sendo o punto máis occidental de Galicia.