Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa

San Martiño de Sobrán é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1354 habitantes (697 mulleres e 657 homes), todos eles no lugar de Vilaxoán, único lugar desta parroquia que recollen tanto o Nomenclátor de Galicia coma o IGE. Os censos do IGE reflicten un descenso poboacional respecto ós anos 2010, cando tiña 1428 habitantes, e 2005, cando eran 1447.

Wikipedia



Impressum