Souto de Rozavales

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales, é un souto de castiñeiros que se atopa na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, declarado árbore senlleira, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos.

Wikipedia



Impressum