Suomi فارسی Tiếng Việt Magyar Nederlands Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Svenska Euskara Català Lietuvių 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Українська Ελληνικά हिन्दी English Русский 한국어 Eesti Polski العربية Türkçe עברית
Xénova (Zena en lígur e xenovés, Genova en italiano) é unha cidade do norte da Italia no litoral da rexión da Liguria, capital da provincia homónima, presentando na súa costa o principal porto marítimo da Italia. Esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 594.733 (2015) habitantes e tendo unha densidade de poboación de 2.447 hab./km². Segundo o censo italiano de 2011, a Provincia de Xénova, que en 2015 converteuse na Cidade metropolitana de Xénova, tiña 855.834 habitantes. Máis de 1,5 millón de persoas viven na área metropolitana máis ampla que se estende ao longo da Riviera italiana.