Português Deutsch Español English
O mosteiro de Santa María de Oseira é un mosteiro medieval da parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea. De fundación bieita, no século XII incorporouse ao Císter, e ao longo da súa historia tivo unha grande importancia económica e social para a comarca e terras máis afastadas. Desamortizado no século XIX, foi reocupado no XX por monxes da Orde da Trapa.