Mogor, Marín

San Xurxo de Mogor é unha parroquia que se localiza no concello de Marín. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 996 habitantes (494 homes e 502 mulleres). Ten 9 entidades de poboación. Os seus lugares máis destacados son a Barriada de Mogor, unha barriada de pescadores cunha arquitectura e morfoloxía específicas e a praia de Mogor. Dende o punto de vista histórico tamén destacan os seus famosos petróglifos, situados moi preto da praia.

Wikipedia



Impressum