Українська فارسی Tiếng Việt Bahasa Melayu 日本語 Português Español English Русский Français 中文 Polski Magyar العربية Nederlands Euskara Italiano Català Türkçe
As Neves é un concello do sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado, limítrofe con Portugal e bañado polo río Miño que exerce de fronteira natural. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.