Oklahoma

Suomi فارسی Tiếng Việt Lietuvių తెలుగు Magyar Nederlands 한국어 Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Euskara Català Svenska 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Українська Ελληνικά हिन्दी English Русский Eesti Polski العربية Türkçe עברית

Oklahoma (en cherokee: ᎣᎦᎳᎰᎹ, òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa, en cayuga: Gahnawiyoˀgeh) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella". Informalmente é coñecido co alcume de The Sooner State. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en formar parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do Territorio Indio. A capital e maior cidade do Estado é Oklahoma City. Conta con 77 condados.

Wikipedia



Impressum