Suomi فارسی Tiếng Việt Lietuvių Українська 日本語 Nynorsk Српски / Srpski Español English Русский Română Português Eesti Français 中文 Norsk (Bokmål) Polski Magyar Svenska Dansk العربية Nederlands Čeština 한국어 Deutsch Euskara Italiano Català Türkçe עברית
Kajaani (en sueco Kajana) é unha cidade de Finlandia. Está localizada no centro do país, ao sueste do Lago Oulu (en finés Oulujärvi), que drena ao golfo de Botnia a través do Río Oulu (en finés Oulujoki). É o centro e capital da rexión de Kainuu, da cal é tamén a cidade máis poboada. Limita cos concellos de Paltamo e Sotkamo, ambos pertencentes á súa mesma rexión, Pyhäntä, Siikalatva e Vaala, pertencentes á rexión de Ostrobotnia do Norte, e Sonkajärvi e Vieremä en Savonia do Norte. A día 31 de agosto de 2019 tiña unha poboación de 36 840 habitantes.