Castro Lupario

Español

O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca, é un castro galaico que se localiza entre as parroquias de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). Foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009. É de fácil acceso e poden verse restos das murallas. Esta acrópole castrexa quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. Como aconteceu noutras acrópoles, aquí tamén existiu durante séculos unha parroquia: Santo Antonini de Castro, suprimida a comezos do século XVII.

Wikipedia



Impressum