Río da Prata

Suomi Slovenščina Українська فارسی Français Tiếng Việt Lietuvių Bahasa Melayu Ελληνικά हिन्दी 日本語 Nynorsk Српски / Srpski Español Slovenčina English Русский Română 한국어 Português Eesti 中文 Norsk (Bokmål) Polski Dansk Svenska ไทย Magyar العربية Nederlands Čeština Deutsch Euskara Italiano Hrvatski Català Türkçe עברית

Río da Prata
Wikipedia

O río da Prata, en castelán Río de la Plata, é un río do Cono Sur de América do Sur, formado pola xunción dos ríos Paraná e Uruguai. Pode ser dividido en dous sectores: o sector interior composto polos tramos superior e medio, que posúe pouca profundidade e está ausente de intrusión salina, e o sector exterior comprendido entre Montevideo, Punta del Este, e a baía de Samborombón, tramo de maior profundidade, e cunha importante influencia mariña, sendo un estuario do océano Atlántico. Ten unha forma triangular de 290 km de lonxitude, servindo de fronteira en toda a súa traxectoria entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai. Posúe un rumbo xeral noroeste-sueste, vertendo no mar Arxentino a escorrentía da súa cunca hidrográfica máis a dos seus afluentes, que suma unha área de arredor de 3 200 000 km². Considérase tradicionalmente, en especial nos dous países das súas ribeiras, como o río máis ancho do mundo, con 220 km de ancho na súa foz.




Impressum