Suomi فارسی Tiếng Việt Magyar Nederlands Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Svenska Euskara Català Lietuvių 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Українська Ελληνικά हिन्दी English Русский 한국어 Eesti Polski العربية Türkçe עברית
Tubinga (en alemán: Tübingen) é unha cidade universitaria rica en tradicións, situada a beiras do río Neckar, e case 40 km ao sur de Stuttgart, no Estado alemá de Baden-Württemberg. A vida da cidade está dominada polos seus 22.219 estudantes (semestre de verán 2007), dos cales aproximadamente 15.000 teñen a súa residencia alí. Por iso é polo que Tubinga sexa a cidade coa idade media máis baixa de Alemaña. Ademais, nunha clasificación realizada en 1995 pola revista Focus, Tubinga situouse como a cidade alemá con mellor calidade de vida.