Suomi فارسی Tiếng Việt Українська Ελληνικά Svenska 日本語 Nynorsk Српски / Srpski Español Slovenčina English Русский Română 한국어 Português Eesti Français 中文 Norsk (Bokmål) Dansk Polski Magyar العربية Nederlands Čeština Deutsch Euskara Italiano Hrvatski Català Türkçe עברית
Charleston é unha cidade dos condados de Berkeley e de Charleston no estado de Carolina do Sur (Estados Unidos). A cidade serve como capital do condado e é a cidade máis grande do condado de Charleston. A cidade foi fundada como Charlestown ou Charles Towne, Carolina en 1670, e trasladouse á súa actual localización en 1680. Ata 1800, Charleston era a quinta cidade máis grande de Norteamérica, detrás de Filadelfia, Nova York, Boston, e Quebec. Adoptou o seu actual nome en 1783. Tamén coñecido como a cidade santa (debido á prominencia de igrexas, como se observa ao ver os numerosos campanarios que puntean o horizonte da cidade).