Português Čeština Deutsch English Español Српски / Srpski Italiano Hrvatski Русский
O discurso de Gazimestan ou discurso de Milošević en Kosovo Polje foi o que pronunciou o 28 de xuño de 1989 Slobodan Milošević, daquela presidente da República Socialista de Serbia. Foi a peza central dunha xornada dedicada a conmemorar o 600º aniversario da Batalla de Kosovo Polje (Batalla do Campo dos Merlos), na que o reino medieval serbio fora derrotado polo Imperio otomán. O discurso foi pronunciado ante un millón de persoas, no lugar onde se librara a batalla, o campo de Gazimestan en Kosovo Polje, no centro de Kosovo. Produciuse nun contexto de intensa tensión étnica entre serbios e albaneses en Kosovo e o aumento das tensións políticas entre Serbia e as repúblicas constituíntes da entón República Socialista Federativa de Iugoslavia.