Aeroporto internacional Tribhuvan

Suomi فارسی Français Tiếng Việt Lietuvių Bahasa Melayu हिन्दी 日本語 Português Español English Русский 한국어 Eesti 中文 Polski Magyar ไทย العربية Nederlands Čeština Deutsch Українська Italiano Norsk (Bokmål) Türkçe עברית

Aeroporto internacional Tribhuvan
Wikipedia

O aeroporto internacional Tribhuvan (IATA: KTM, OACI: VNKT) é un aeroporto en Katmandú, Nepal. Está situado a uns 6 quilómetros do centro da cidade, no val de Katmandú. É o único aeroporto internacional do país, aínda que o aeroporto de Nijgadh foi proposto como o segundo. En 1949 comezou a servir como aeródromo e foi inaugurado no ano 1955 polo rei Mahendra. Recibiu o seu nome actual en 1964. Orixinalmente era unha pista de herba e en 1957 pasou a ser de formigón sendo ampliada varias veces. O primeiro reactor aterrou en Tribhuvan en 1967 e as operacións regulares con este tipo de avións comezaron en 1972.




Impressum