Tuvalu

Suomi فارسی Tiếng Việt עברית Lietuvių Magyar Nederlands 한국어 Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Euskara Català Svenska 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Ελληνικά हिन्दी English Русский Eesti Polski العربية Українська Türkçe

Tuvalu
Wikipedia

Tuvalu (i/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no Océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fidxi. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cun área total de 25 quilómetros cadrados. Despois do Vaticano é a nación independente con menor número de habitantes. Tamén é o membro das Nacións Unidas con menor número de habitantes. Debido á súa baixa elevación (máximo de 5m), as illas que constitúen esta nación son ameazadas por calquera futuro aumento do nivel do mar. A poboación pode evacuar durante as próximas décadas a Nova Zelandia, ou Niue, unha pequena illa do Pacífico (independente pero asociada con Nova Zelandia) que non é ameazada por aumento do nivel do mar, pero ten unha baixa taxa de natalidade. Ten clima tropical marítimo, moderado polos ventos alisios do leste de marzo a novembro, os meses restantes con abundantes choivas e a vexetación típica está composta de palmeiras.




Impressum