Eesti Français 日本語 Nynorsk Suomi Polski Deutsch Español English Italiano Norsk (Bokmål) Русский Català
A captura de Xibraltar tivo lugar o 4 de agosto de 1704 no contexto da guerra de Sucesión española por parte da frota anglo-holandesa comandada por George Rooke e o príncipe de Hesse. A intención do ataque era a de engadir a forte praza de Xibraltar á causa do arquiduque Carlos. O goberno da cidade, con todo, mostrouse fiel ao rei Filipe V. Os enfrontamentos entre a frota da baía de Alxeciras e a gornición española apenas duraron dous días cando,cun gran desequilibrio entre as tropas atacantes e defensoras, os soldados ingleses do capitán Whitaker lograron tomar terra no Peirao Novo da cidade, tomaron reféns entre a poboación civil e obrigaron aos mandos españois a levantar bandeira parlamentaria e iniciar as negociacións da rendición e capitulación que tería lugar o 4 de agosto.