Suomi فارسی Tiếng Việt Lietuvių Bahasa Melayu 日本語 Português Español English Русский Français 中文 Polski Svenska Nederlands Slovenščina Čeština Deutsch Українська Italiano Hrvatski Català Türkçe
O aeroporto de Innsbruck (IATA: INN, OACI: LOWI), tamén coñecido como aeroporto de Kranebitten, é o aeroporto internacional máis grande do estado de Tirol, no oeste de Austria. Está situado a uns 4 quilómetros do centro de Innsbruck. O aeroporto, inaugurado no ano 1925, opera voos rexionais ao redor dos Alpes, ademais de tráfico internacional estacional a outros destinos europeos. Durante o inverno a actividade increméntase significativamente debido ao alto número de esquiadores que viaxan á rexión. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 006 738 pasaxeiros, un 0,55% máis que no ano anterior.