Estados Federados de Micronesia

Suomi فارسی Tiếng Việt Magyar Nederlands Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Euskara Català Svenska Lietuvių 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Українська Ελληνικά हिन्दी English Русский 한국어 Eesti Polski العربية Türkçe עברית

Os Estados Federados de Micronesia (abreviado en inglés FSM e tamén coñecido simplemente como Micronesia) é un país insular en Oceanía asociado cos Estados Unidos. Consta de catro estados, de oeste a leste, Yap, Chuuk, Pohnpei e Kosrae, que se reparten polo oeste do Pacífico occidental. Xuntos, os estados comprenden ao redor de 607 illas (unha superficie combinada de aproximadamente 702 km² que cobren unha distancia lonxitudinal de case 2 700 km (1 678 mi) xusto ao norte do ecuador. Atópanse ao nordeste de Nova Guinea, ao sur de Guam e ás Illas Marianas, ao oeste de Nauru e Illas Marshall, ao leste de Palau e Filipinas, aproximadamente 2 900 km (1 802 mi) ao norte do leste de Australia, 3.400 km ao sueste do Xapón e a uns 4 000 km (2 485 mi) ao suroeste das principais illas de Hawai.

Wikipedia



Impressum