Aeroporto de Uagadugú

Suomi فارسی Tiếng Việt Lietuvių Bahasa Melayu 日本語 Español English Français 中文 Polski Svenska العربية Nederlands Deutsch Italiano Norsk (Bokmål) Català

Aeroporto de Uagadugú
Wikipedia

O aeroporto de Uagadugú (IATA: OUA, OACI: DFFD) é un aeroporto situado no centro de Uagadugú, a capital de Burkina Faso. Foi construído nos anos 60 e atópase a uns 1,5 quilómetros ao sueste da principal área comercial da cidade. Cando foi construído atopábase no extremo sur da cidade, pero Uagadugú dende entón experimentou unha rápida urbanización quedando o aeroporto rodeado. Ademais de ter superado a súa capacidade, o aeroporto é unha importante fonte de contaminación e riscos, polo que o goberno ten plans para construír un novo a 30 quilómetros ao norte da capital.




Impressum