Río Bush

Magyar English Русский Svenska Italiano

Río Bush
Wikipedia

O río Bush (en inglés River Bush, do gaélico irlandés an Bhuais) é un río do Condado de Antrim, Irlanda do Norte. A fonte do río atópase nos Antrim Hills a 480 m. Desde alí, flúe cara ao noroeste, torcendo en Armoy cara ao oeste, pasando logo por Stranocum, para logo virar cara ao norte e pasar por Bushmills antes de chegar ao mar en Portballintrae, no litoral norte de Antrim. Discorre por un fértil val. O seu leito está xeoloxicamente composto por basaltos e a auga atópase lixeiramente alcalinizada con magnesio, dando nunha dureza característica. O río posúe reservas autóctonas de salmóns e troitas. Un afluente do río prové a auga que se emprega para destilar o whiskey Old Bushmills.




Impressum