Laurisilva

Suomi 日本語 Português Español Slovenčina English Русский 한국어 Français 中文 Polski Magyar Dansk Nederlands Čeština Deutsch Italiano Català Türkçe עברית

Laurisilva
Wikipedia

A laurisilva é un tipo de foresta húmida subtropical, composta maioritariamente por árbores da familia das lauráceas (Lauraceae) e endémico da Macaronesia, rexión formada polos arquipélagos de Madeira, Azores, Canarias e Cabo Verde. Posúe maior expresión nas terras altas da illa de Madeira, onde se atopa a súa maior e mellor conservada mancha, que foi considerada en 1999 pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, ocupando aí unha área de arredor de 15.000 hectáreas. Na laurisilva as plantas máis comúns son as lauráceas como o loureiro novocanario (Laurus novocanariensis), o viñático (Persea indica), o til (Ocotea foetens), e o barbusano (Apollonias barbujana). É un dos hábitats, no mundo, con maior índice de diversidade de plantas por km². A palabra laurisilva (en portugués: laurissilva) deriva do latín Laurus (loureiro, lauráceas) e Silva (foresta, bosque).




Impressum