Irán

Suomi فارسی Tiếng Việt עברית Eesti Magyar Nederlands 한국어 Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português العربية Română Français తెలుగు Euskara Català Svenska 日本語 Nynorsk Español Slovenčina Lietuvių 中文 Dansk ไทย Deutsch Italiano Hrvatski हिन्दी Čeština English Русский Ελληνικά Polski Українська Türkçe

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo. É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

Wikipedia



Impressum