Adamuz

فارسی Tiếng Việt Bahasa Melayu Português Español English Русский Română Français 中文 Polski Magyar Svenska العربية Nederlands Euskara Українська Italiano Català Türkçe

Adamuz
Wikipedia

Adamuz é un concello andaluz situado na provincia de Córdoba entre Serra Morena e o Guadalquivir. O municipio atópase na comarca do Alto Guadalquivir e pertence ao partido xudicial de Montoro. As súas coordenadas xeográficas son 38º 01' N 4º 31' O. Atópase a unha altitude de 240 msnm e a uns 32 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 333,8 km². No ano 2008 contaba cunha poboación de 4 472 habitantes e unha densidade de poboación de 13,4 hab/km².




Impressum