Suomi Slovenščina Українська فارسی Српски / Srpski Tiếng Việt Lietuvių Bahasa Melayu Ελληνικά Slovenčina 日本語 Português Español English Română 한국어 Français 中文 Norsk (Bokmål) Polski Dansk हिन्दी Svenska ไทย Magyar Русский العربية Nederlands Čeština Deutsch Euskara Italiano Hrvatski Català Türkçe עברית
A mesquita Azul ou mesquita do sultán Ahmed (en turco: Sultanahmet Camii) é unha mesquita otomá de Istambul, Turquía. Foi construída entre 1609 e 1616 e está situada no barrio de Eminönü, no distrito de Fatih en fronte da Igrexa de Santa Sofía da cal se encontra separada por un fermoso espazo axardinado. É a única mesquita de Istambul que posúe seis minaretes.
A mesquita Azul é un triunfo en harmonía, proporción e elegancia. Construída nun estilo clásico otomán, o seu magnífico exterior non fai sombra a seu suntuoso interior. Unha verdadeira sinfonía de belos mosaicos azuis de Iznik dan a este espazo unha atmosfera moi especial.
A mesquita foi revestida con azulexos azuis e posúe ricos vidreiras tamén do mesmo ton. Non hai figuras no interior da mesquita pois os musulmáns non adoran imaxes.