Suomi فارسی Tiếng Việt Bahasa Melayu हिन्दी 日本語 Português Español English Русский తెలుగు Eesti Français 中文 Українська Polski Svenska ไทย العربية Nederlands Čeština 한국어 Deutsch Italiano Norsk (Bokmål) עברית
O aeroporto internacional Indira Gandhi (IATA: DEL, OACI: VIDP) é un aeroporto indio que serve á cidade de Delhi. Está situado en Palam, a 15 quilómetros da estación de trens de Nova Deli e a 16 do centro da cidade. Bautizado na honra de Indira Gāndhi, antiga Primeira Ministra da India, é o aeroporto máis concorrido do país en número de pasaxeiros dende o ano 2009. Tamén é o máis concorrido da India en termos de carga, ao superar ao aeroporto de Bombai a finais do ano 2015. En 2016 foi o 21º máis concorrido do mundo e o 10º de Asia en termos de pasaxe, cuns 55 millóns de pasaxeiros.