A Casa de Fernando Carreras é un inmoble de estilo ecléctico localizado na cidade de Vigo. A casa foi unha das primeiras grandes residencias da cidade olívica. Na súa época tivo tanta sona que moitos vigueses percorrían longas distancias para ver a casa.