Suomi فارسی Tiếng Việt తెలుగు Magyar Nederlands Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Euskara Català Lietuvių Svenska 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Українська Ελληνικά हिन्दी English Русский 한국어 Eesti Polski العربية Türkçe עברית
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.