Suomi فارسی Tiếng Việt Magyar Nederlands Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português ไทย Română Français Euskara Català Lietuvių Svenska 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk తెలుగు Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Українська Türkçe Ελληνικά हिन्दी English Русский 한국어 Eesti Polski Slovenščina العربية עברית
O Río de Xaneiro, (en portugués: Rio de Janeiro), ás veces coñecida simplemente como Río e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. É o principal destino turístico internacional no Brasil, de América Latina e de todo o hemisferio sur. A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior, funcionando como un "espello", ou "retrato" nacional, ora positiva ora negativamente. Parte da cidade está considerada como lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 1 de xullo de 2012 na categoría de paisaxes culturais coa denominación Río de Xaneiro: paisaxes cariocas entre a montaña e o mar. O himno da cidade leva por nome Cidade Maravilhosa e os seus habitantes chámanse cariocas (tamén son fluminenses, aínda que este xentilicio é máis amplo e refírese aos habitantes do Estado do Río de Xaneiro).