Suomi فارسی Tiếng Việt Lietuvių Bahasa Melayu 日本語 Português Español English Русский 한국어 Français 中文 Polski Magyar Svenska Dansk العربية Nederlands Čeština Deutsch Українська Italiano Norsk (Bokmål) עברית
O aeroporto de Liverpool John Lennon (IATA: LPL, ICAO: EGGP) é un aeroporto internacional que serve ao noroeste de Inglaterra. Co estoupido da segunda guerra mundial o aeroporto foi operado pola Royal Air Force e coñecido como RAF Speke. O aeroporto está dentro da cidade de Liverpool, nas riberias do estuario do río Mersey, a uns 12 km ao sueste do centro. Orixinalmente chamado aeroporto de Speke, no ano 2001 foi rebautizado na honra do músico da cidade John Lennon, membro de The Beatles. Dende o aeroporto operan voos regulares domésticos, cara a Europa e cara ao Norte de África.