Suomi فارسی Français Tiếng Việt Lietuvių Bahasa Melayu Ελληνικά 日本語 Nynorsk Српски / Srpski Español Slovenčina English Русский Română 한국어 Nederlands Português Eesti 中文 Українська Polski Dansk Svenska ไทย Magyar العربية Čeština Deutsch Euskara Italiano Català Norsk (Bokmål) Türkçe עברית
Vigo ( pronunciación (axuda · info)) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo, a máis meridional das Rías Baixas.