Blenheim Reef

Français 中文 Deutsch Español English Svenska Ελληνικά

O Blenheim Reef é unha parte mergullada da estrutura dun atol do Arquipélago Chagos, no Océano Índico. Inclúe a o arrecife de coral do Baxío Predassa no bordo sueste, ademais doutra parte totalmente mergullada. Atópase na parte nordeste do arquipélago de Chagos. Mide case once quilómetros (norte-sur) por máis de catro quilómetros (leste-oeste), cunha superficie total de 36´8 quilómetros cadrados, incluíndo a lagoa de 8´5 km², a diferenza explicase pola parte do arrecife plano. Só no lado leste, hai unha area de caios por encima da auga. O maior deles é East Island, que non chega a 200 metros de longo por 70 metros de ancho. As outras illas do grupo son a Norte, Central e Sur. Só crecen algunhas herbas na illa. A lagoa ten ata 18 metros de profundidade e cobrecargada de rochas. O bordo do arrecife de coral ten un paso amplo no suroeste. A terra máis próxima é a illa Takamaka no atol Salomon Islands, a uns 20 quilómetros ao suroeste.

Wikipedia



Impressum