日本語 Français 中文 Nynorsk Čeština Svenska Deutsch Español Euskara English Português Norsk (Bokmål) Русский Polski Italiano
A illa Joinville é a illa máis grande do arquipélago de Joinville, de aproximadamente 64 km na dirección leste - oeste e de 20 km de largo, atópase ao nordés da punta da Península Antártica, separada polo estreito Antártico. A illa Joinville foi descuberta e cartografada de xeito aproximado en 1838 por unha expdedición francesa baixo o mando do capitán Jules Dumont D'Urville, quen a chamou así en honra a Francisco de Orleans, Príncipe de Joinville, (1818-1900), que foi o terceiro fillo de Luís Filipe I de Francia, Duque de Orleans.