日本語 Nederlands Nynorsk Čeština Українська Magyar Deutsch Français Español Dansk English Português Русский Ελληνικά Italiano
Santo Estefano é unha pequena illa de Italia localizada no mar Tirreno fronte á costa entre Lacio e Campania e forma parte das illas Ponziane. Como o resto do arquipélago, a illa ten orixe volcánico e ten unha forma circular de menos de 500 metros de diámetro e unha extensión de preto de 27 hectáreas. Atópase a tan só dous quilómetros da illa de Ventotene da cal depende administrativamente.