Centro Nacional de Intelixencia

Français Euskara فارسی Deutsch Español English Italiano Català Türkçe

Centro Nacional de Intelixencia
Wikipedia

O Centro Nacional de Intelixencia (CNI) é a axencia de intelixencia española, creada pola lei 11/2002 do 6 de maio en substitución do antigo CESID. O CNI é o responsable de facilitar ao presidente do goberno e ao goberno da nación as informacións, análises, estudos ou propostas que permitan previr e evitar calquera perigo, ameaza ou agresión contra a independencia ou integridade territorial de España, os intereses nacionais e a estabilidade do Estado de dereito e as súas institucións. O CNI depende do Ministerio de Defensa e a súa directora dende 2022 é Esperanza Casteleiro Llamazares.




Impressum