Filipinas

Suomi فارسی Tiếng Việt עברית Lietuvių తెలుగు Magyar Nederlands 한국어 Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Català Svenska 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Deutsch Euskara Italiano Hrvatski Ελληνικά हिन्दी Čeština English Русский Eesti العربية Polski Українська Türkçe

A República de Filipinas é un estado asiático situado no arquipélago das Illas Filipinas chamadas así en honor do rei español Filipe II. Constitúe un vasto arquipélago delimitado polo mar de Filipinas ó leste, mar das Celebes e mar de Sulu ó sur e mar da China Meridional ó oeste. O estreito de Luzon, ó norte, separa as Illas Filipinas de Taiwán; o estreito de Balabac, ó suroeste, é unha das fronteiras marítimas con Malaisia; e hai tamén fronteira marítima con Indonesia, ó sur. Tamén Palau se sitúa nas inmediacións, no sueste. A súa capital é Manila.

Wikipedia



Impressum