Tiếng Việt Українська Ελληνικά 日本語 Português Español Slovenčina English Русский Română Français 中文 Polski Magyar Svenska العربية Nederlands Čeština Deutsch Euskara Italiano Norsk (Bokmål) Català Türkçe עברית
O Palmeiral de Elx (Palmerar d'Elx en valenciano), situado en Elx (Alacant), é unha grande extensión de palmeiras dentro do centro urbano da cidade. É o palmeiral máis grande de Europa, e no mundo só lle superan algúns palmeirais árabes.
O principal tipo de palmeira que se atopa é a chamada Phoenix dactylifera que foi levado alí polos musulmáns cando ocuparon a Península Ibérica.
A palmeira ou palma cotízase moi ben no mercado español e tamén nas exportacións clandestinas; é moi importante a industria datilera e a confección de palmas, que son as súas ramas levadas a un proceso especial de secado.