Aeroporto de Baltimore-Washington

Suomi فارسی Tiếng Việt 日本語 Português Español English Русский 한국어 Français 中文 Polski Dansk ไทย العربية Nederlands Čeština Deutsch Italiano Norsk (Bokmål) Català

Aeroporto de Baltimore-Washington
Wikipedia

O aeroporto internacional de Baltimore-Washington Thurgood Marshall (IATA: BWI, OACI: KBWI) é un aeroporto estadounidense situado en Linthicum, unha comunidade non incorporada no norte do condado de Anne Arundel, en Maryland. Atópase a 14 quilómetros ao sur do centro de Baltimore e a 51 ao nordés de Washington, D.C. É o máis concorrido en número de pasaxeiros dos tres grandes aeroportos que serven a área metropolitana de Baltimore-Washington, sendo os outros o Nacional Ronald Reagan e o Washington Dulles. Foi bautizado na honra de Thurgood Marshall, un nativo de Baltimore que foi o primeiro afroamericano en ser xuíz do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.




Impressum