فارسی हिन्दी Português Español English Русский Français 中文 Polski Svenska العربية Nederlands Nynorsk Čeština Deutsch Italiano Norsk (Bokmål) Hrvatski Türkçe
A montaña Huayna Picchu , en quechua Wayna Pikchu, (cunha altitude de 2.667 msnm) forma parte dos contrafortes orientais do macizo de Salcantay, en Cuzco, Perú. É parte dunha gran formación orográfica coñecida como Batólito de Vilcabamba, na Cordilleira Central dos Andes peruanos e é coñecida principalmente por ser o pano de fondo da maioría de fotografías panorámicas dos restos arqueolóxicos incas de Machu Picchu. Con todo ela mesma alberga tamén importantes restos arqueolóxicos relacionados co famoso complexo inca.