Suomi فارسی Tiếng Việt Magyar Nederlands Slovenščina Српски / Srpski Norsk (Bokmål) Bahasa Melayu Português Română Français Svenska Euskara Català Lietuvių 日本語 Nynorsk Español Slovenčina 中文 Dansk ไทย Čeština Deutsch Italiano Hrvatski Українська Ελληνικά हिन्दी English Русский 한국어 Eesti Polski العربية Türkçe עברית
O Empire State Building é un rañaceos de 102 plantas dedicado a oficinas situado na Quinta Avenida entre a intersección das rúas 33 e 34 de Manhattan no oeste da cidade de Nova York, en Estados Unidos. A súa altura é de 381 metros, pero acada 443 metros contando coa antena. O nome do edificio deriva do alcume que ten o Estado de Nova York: "Empire State" ("Estado do Imperio"). Foi o edificio máis alto do mundo durante máis de corenta anos, desde a súa finalización en 1931 ata 1972, ano en que se completou a construción da torre norte do World Trade Center. Esta altura causou certos contratempos, como o sucedido o 28 de xullo de 1945, cando un bombardeiro B-25 Mitchell pilotado entre a néboa bateu co edificio entre os andares 79 e 80, causando 14 mortes. Tras a destrución do World Trade Center o 11 de setembro de 2001, o Empire State Building converteuse novamente no edificio máis alto da cidade de Nova York e do estado de Nova York, ata que foi outra vez superado polo One World Trade Center o 30 de abril de 2012, quedando o Empire State outra vez en segundo lugar.