Tinakula

Français 中文 Deutsch Español Lietuvių English Русский Svenska Italiano

Tinakula
Wikipedia

Tinakula é un volcán cónico que forma unha illa ao norte de Nendo na provincia de Temotu, nas Illas Salomón. Atópase no extremo norte da Illas Santa Cruz. Ten ao redor de 3´5 km de ancho e elévase 851 metros sobre o nivel do mar, pero elévase de tres ou catro quilómetros por encima do fondo do mar. Entra en erupción aproximadamente cada hora cunha columna de cinza e rocas. A primeira erupción do volcán rexistrouse en 1595, cando Álvaro de Mendaña navegaba preto na súa volta ó redor do mundo.




Impressum