Francia ( pronunciación (axuda · info)) (en francés: France, [ˈfræns] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación (axuda · info)) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.